miércoles, 29 de mayo de 2013

PROXECTO INTEGRADO: AS ÁRBORES


IDENTIFICACIÓN  DAS ÁRBORES

Dentro deste proxecto integrado os nenos/as de 3º de primaria fixeron unha saída para identificar árbores guiados por un membro da asociación ecoloxista ADEGA.

Como primeiro paso, todos os alumnos/as de 2º ciclo de primaria vimos unha presentación sobre as árbores que nos serviu como información xeral.



Faláronnos dos distintos tipos de árbores, dos froitos , das follas , da súa utilidade e de como coidalas.





Xa na saída, escoitamos as explicacións, fixemos medicións e tomamos notas. De volta ao colexio sintetizamos toda a información e cubrimos unhas fichas sobre a mesma.
















Foi moi divertido e interesante !!!



martes, 28 de mayo de 2013

Adeus Bilbo, ou ata pronto!

Xa terminamos a parte que íamos ler de "O Hobbit", 
é dicir, xa chegamos ata o remate da película que fumos ver ao comezo do club da fantasía.

Hai que despedir a Bilbo Bulseiro, espero que con un ata pronto
 xa que o noso aventureiro hobbit, xunto co grupo de ananos,
 seguirá as súas andainas polos libros.

Atrevédesvos a continuar coa lectura? Estavos a agardar!









jueves, 23 de mayo de 2013

Elaboramos un monicreque



Gustáronnos tanto os monicreques de Xan Perillán que decidimos elaborar o pallaso, como podedes ver traballan moi concentrados e con moito interese.




















Este é o resultado, chulo non!




miércoles, 22 de mayo de 2013

EDUCACIÓN AMBIENTAL.


 PREVENCIÓN DOS INCENDIOS FORESTAIS


O pasado mércores 8 de maio o 2º e o 3º ciclo de primaria asistimos a unha charla sobre os incendios forestais.

Membros do equipo de medio ambiente da zona faláronnos da importancia de previr os incendios no monte e no caso de que non os podamos evitar de que é vital avisar canto antes ós equipos de extinción a través do teléfono que nos deron na presentación.






Acórdate este é o número o que debes chamar cando vexas un incendio por moi pequeno que sexa.







Vimos unha presentación sobre o tema e escoitamos atentamente as explicacións: