viernes, 30 de mayo de 2014

INVESTIGANDO NA BIBLIOTECA

BUSCAR UN LIBRO POLO SEU TÍTULO NO CATÁLOGO WEB DA NOSA BIBLIOTECA.
Esta é a actividade que realizamos nesta sesión.É moi interesante xa que podemos ver a ficha completa do libro, a súa localización, se está dispoñible ou non e a sección na que se atopa.
Ademais podemos ler comentarios doutras persoas que xa leron o libro e facer tamén nós o noso comentario.

                                           


                               Interesante!!







miércoles, 28 de mayo de 2014

Actividades de sumas




Si queredes practicar as sumas clicade na palabra.
 

Celebración do Día das Letras Galegas e Festa dos maios


Todos arredor do noso maio esperando para cantarlle a nosa  copla, como veredes moi primaverais, cheos de frores. 






Aquí temos os rapaces de infantil co seu maio preparados para o baile 
 
 
 



Os do  segundo ciclo  agasalláronnos cunhas coplas moi orixinais
coas aldeas da Baña

 
  
Os rapaces do terceiro tamén leron unas coplas
 


martes, 27 de mayo de 2014

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA.


Nesta ocasión descubrimos que cada libro ten un DNI : a súa etiqueta ou "tejuelo".

Esta etiqueta proporcionanos datos como a materia da CDU, as tres primeiras letras do apelido do autor e as tres primeiras letras do título.



Tamén descubrimos que nos libros de ficción hai 3 cores: vermello para 6-8 anos, verde para 9-11 anos e amarela de 12 en adiante, e  que a súa etiqueta tamén nos informa de si son narrativa, poesía, cómic ou teatro en galego e castelán.








 

A continuación fixemos unhas actividades de asociación libro - etiqueta e fixémolas tan ben que nos declararon " bibliotecarios axudantes".




A verdade é que si a primeira visita á biblioteca foi divertida, esta segunda aínda o foi máis.

A ver que nos mandan a próxima vez!!







viernes, 23 de mayo de 2014

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA.

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA

Hai uns días empezamos a investigar e a traballar o tema da alimentación saudable a partir dos recursos que nos ofrece a biblioteca do noso centro, e como bos investigadores contamos cun carnet que nos identifica como tales:


O primeiro paso foi coñecer e explorar a nosa biblioteca guiándonos pola CDU  que nos mostra como están organizados os saberes. 



Despois dun percorrido pola biblioteca fixemos unha serie de actividades de localización de libros.


Foi moi divertido. O próximo día faremos outra actividade.

miércoles, 14 de mayo de 2014

Celebramos a semana dos maios

 
Os maios é una celebración que se fai en algunas zonas de Galicia . Festéxase a despedida do inverno, a floración das plantas e a aparición dos primeiros froitos.
  
 
Para elaborar o noso maio o primeiro que fixemos foi a recolleita de flores
 
 
 
 
Elaboramos o maio
 
 
 
 
Este foi o resultado
 
 
 
Exposición dos maios
 
 
Este é  a copla que os nenos do primeiro ciclo  lle imos cantar aos maios.
 
Aquí está o maio
con moitos fiunchos.
Aquí está o maio
tamén ten cartuchos.
 
Aquí está o maio
cargado de flores.
Aquí está o maio
con moitas cores.
 
Aquí está o maio
no noso colexio.
Aquí está o maio
chegou o festexo.
 
 

domingo, 4 de mayo de 2014

Día da nai



Felicidades  mamás !!!

Feliz Día de la Madre!



Esperamos que vos guste este agasallo que fixeron con moito cariño e ilusión.