COMECOCOS COMESÁN 3º DE PRIMARIA 2014
Benvidos , equipo de pequenos investigadores , ao noso concurso Comecocos Comesán 2014.
Levamos xa tempo traballando e aprendendo moito sobre a nosa alimentación e tamén sobre como funciona e se organiza a nosa biblioteca,
Agora toca demostrar o aprendido neste pequeno concurso no que poremos a proba os vosos coñecementos e tamén o voso manexo para localizar libros e información.
Cada caderno consta de 9 preguntas que debedes responder buscando as respostas nos libros que vos indicamos coa súa etiqueta. Non é necesario que as respondades en orde. Se o libro que precisas está ocupado, continúa coa seguinte e logo volves a por el. Se tes algunha dúbida pregunta as profes, sen nervios nin presas.
Non se trata de correr, nin de enfadarse, isto non é unha competición senón un xogo no que deberedes traballar en equipo para resolver xuntos os enigmas que vos propoñemos.
Esta é a portada do caderno:
Estades preparados?
IMOS ALÓ!!!
A experiencia foi moi positiva e entretida.