viernes, 13 de junio de 2014

INVESTIGACIÓN NA BIBLIOTECA

COMECOCOS COMESÁN   3º DE PRIMARIA 2014

Benvidos , equipo de pequenos investigadores , ao noso concurso Comecocos Comesán 2014.
Levamos xa tempo traballando e aprendendo moito sobre a nosa alimentación e tamén sobre como funciona e se organiza a nosa biblioteca, 
Agora toca demostrar o aprendido neste pequeno concurso no que poremos a proba os vosos coñecementos e tamén o voso manexo para localizar libros e información. 
Cada caderno consta de 9 preguntas que debedes responder buscando as respostas nos libros que vos indicamos coa súa etiqueta. Non é necesario que as respondades en orde. Se o libro que precisas está ocupado, continúa coa seguinte e logo volves a por el. Se tes algunha dúbida pregunta as profes, sen nervios nin presas.
Non se trata de correr, nin de enfadarse, isto non é unha competición senón un xogo  no que deberedes traballar en equipo para resolver xuntos os enigmas que vos propoñemos.

Esta é a portada do caderno:


Estades preparados?

                  IMOS ALÓ!!!











A experiencia foi moi positiva e entretida.

No hay comentarios:

Publicar un comentario